GAL |     

Preguntas frecuentes sobre acceso (Curso 2019/2020)

Podes solicitar un máximo de cinco titulacións diferentes e un máximo de dez solicitudes se algunhas son repetidas. Non é obrigatorio solicitar o máximo de titulacións, é dicir, unha persoa pode solicitar unha única titulación do sistema universitario de Galicia.

Si.

A orde ten a máxima importancia, porque a admisión faise de acordo coa orde solicitada e non se pode cambiar unha vez iniciado o proceso.

  • Os graos de Ciencias da Actividade Física e do Deporte teñen probas específicas.
  • O Grao en Xestión Industrial de Moda ten requisitos de admisión específicos.

En consecuencia, cómpre superar a correspondente proba específica que unicamente pode ter como cualificación «apto/a» ou «non apto/a».

Neste caso tes que matricularte. As titulacións que solicitaches con menor preferencia xa aparecen liberadas e, se non te matriculas, a túa praza será ocupada pola seguinte persoa na listaxe de agarda e quedas fóra do sistema.

  1. Se cambiaches de idea e desexas matricularte na que estás convocada/o podes facelo pero acabas o proceso. Xa non podes cambiar de matrícula.
  2. Se a que marcaches con maior preferencia xa está pechada, neste momento do proceso de admisión é como se non a solicitases.
  3. Despois de cada chamamento debes volver confirmar en que titulacións, das que estás en listaxe de agarda, segues interesada/o, incluída aquela para a que fuches convocada/o.
  4. Se volves confirmar que segues interesada/o en titulacións das que estás en listaxe de agarda e tamén que segues interesada/o na titulación para a que fuches convocada/o (por se a túa cualificación non alcanza para as de maior preferencia), non debes matricularte nesa titulación: tela reservada mentres non pechen todas as anteriores.

Se despois de cada chamamento volves confirmar que segues interesado/a nesa titulación, podes agardar sen matricularte noutra ata que a titulación apareza como pechada.

Si.

O distrito universitario é único, é dicir, a cualificación de acceso vale para todas as universidades públicas españolas. Debes ter en conta que o sistema de ponderacións varía dunhas universidades a outras e, polo tanto, en cada unha (ou en cada distrito) aplicarase o seu propio sistema de ponderacións que pode ser distinto ao que hai en Galicia.

A fase obrigatoria ten validez indefinida. As cualificacións da fase voluntaria terán validez, sempre que se aprobe a fase obrigatoria, para dous cursos, é dicir, para o que tes as cualificacións e para o seguinte.

Non.

As notas da fase voluntaria só teñen validez durante dous cursos. As cualificacións da fase voluntaria das ABAU das convocatorias de fai dous cursos foron válidas para o acceso nese curso e no seguinte (anterior a este). Para o curso actual só son válidas as cualificacións da fase voluntaria das convocatorias do curso anterior e deste.

Si, sempre e cando a cualificación sexa igual ou superior a 5 puntos.

A cualificación desta materia utilízase dúas veces para calcular a media das cinco materias da fase obrigatoria e tamén para ponderar xunto ás outras catro (como máximo) da fase voluntaria que se utilizan para ponderar.

Si, sempre e cando a cualificación sexa igual ou superior a 5 puntos.

Se non te presentas a ningunha materia da fase voluntaria podes ter un máximo de 12 puntos para a admisión á universidade porque a materia troncal xeral cursada con vinculación á modalidade (Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II, Latín II ou Fundamentos da arte II) pondera automaticamente (nas titulacións en que está establecido).

Si, pode ponderar e depende das cualificacións das outras materias e dos parámetros de ponderación para cada grao específico.

Un/Unha estudante pode ter un máximo de cinco materias que lle ponderan para o acceso: as catro materias da fase voluntaria e a troncal xeral de modalidade da fase obrigatoria. O sistema informático collerá, para cada titulación universitaria, as cualificacións das dúas (de entre estas cinco materias) que mellor nota de admisión lle resulte á/ao estudante.

Si.

A vía de acceso desde un ciclo formativo de grao superior permite acceder a calquera grao universitario, considerando como primeiro criterio de admisión a cualificación final do ciclo mais a suma das cualificacións ponderadas da fase voluntaria. En todo caso, cando se produza empate para a adxudicación de prazas, terán opción preferente o estudantado con títulos adscritos ás ramas de coñecemento nas que se achen as ensinanzas de grao que desexen cursar –Art. 49.1 da Orde do 24 de marzo de 2011, DOG 4-4-2011.

Non.

Se un alumno/a se examina en máis dunha universidade/distrito na mesma convocatoria, quedarán anuladas todas elas.

Xustificación:

Resolución do 11 de febreiro de 2019, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2018/2019, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2019/2020 (DOG do 21 de febreiro de 2019): «Disposición adicional única. Adscrición para a participación na proba 3. No suposto de realizar a avaliación do bacharelato para o acceso á universidade en máis dunha universidade na mesma convocatoria, quedarán anuladas todas elas».

Non.

Debe facerse extensiva a disposición adicional única da Resolución do 11 de febreiro (DOG do 21 de febreiro de 2019).

Nótese que estamos a falar sempre da mesma convocatoria. Un alumno/a pode mellorar a súa cualificación de acceso pero en convocatorias distintas.

Xustificación:

Segundo a convocatoria da ABAU, no prazo de matrícula anticipada só poden matricularse «as persoas que obtivesen o titulo de bacharelato ou declarado equivalente en anos anteriores ao curso 2018/2019 e se atopen nalgunha das seguintes situacións» e no prazo de matrícula ordinaria poden matricularse «a) Alumnado de centros da comunidade autónoma de Galicia que teña superado o bacharelato na convocatoria de xuño de 2019» e «O alumnado con título de Baccalauréat francés titulado no presente curso 2018/2019...».

Non.

Nese curso podías acceder en virtude da disposición transitoria única da Orde ECD/1491/2016, do 22 de decembro, pero esa disposición transitoria xa non está vixente.

Non.

Todo o alumnado que cursou o bacharelato en anos anteriores non pode realizar só a parte voluntaria se non ten superada a parte obrigatoria. A disposición transitoria única da Orde ECD/1491/2016, do 22 de decembro, non está vixente.

Non.

No caso do estudantado estranxeiro, a nota de acceso á universidade será a nota proporcionada pola súa credencial expedida pola UNED ou órgano competente equivalente, ou homologación polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Podes realizar a parte voluntaria.

A nota da parte obrigatoria é unha única cualificación e consérvase a mellor das cualificacións.

Na fase voluntaria consérvase a mellor cualificación de cada unha das materias das que se examine. Cada nota de materias da fase voluntaria só se conserva durante dous cursos.

No caso de examinarse das ABAU que organiza a CiUG, as notas actualízanse automaticamente. Se te examinaches fóra de Galicia, debes comunicar a nova cualificación a través dun dos LERD dunha universidade galega.

Despois de cada chamamento podes presentar unha alegación en calquera dos sete LERD das universidades do SUG.

Os efectos dunha alegación fanse públicos co chamamento inmediatamente posterior.

Si, pero hai que ter en conta se o país dos estudos ten convenio de acceso con España ou non. As condicións do acceso determínaas a UNED.

Se o/a estudante ten que facer as PAU/ABAU para acceder ás universidades españolas, debe realizar estas probas na UNED. Será esta a que emitirá unha credencial coa que poderá acceder ao procedemento de preinscrición universitaria.

As prazas non cubertas por estudantes da convocatoria ordinaria ou anteriores de deportistas e persoas con discapacidade mantéñense para solicitantes da preinscrición extraordinaria.

As prazas dos outros grupos (persoas tituladas, M25, M40 e M45) que queden sen cubrir na convocatoria ordinaria acumúlanse ao grupo xeral.

Para acceder polo grupo de persoas tituladas mediante a acreditación dun título de mestrado, a nota de admisión calcularase como a media ponderada, en función dos créditos cursados, da media do expediente dos estudos de grao ou título oficial equivalente que lle deu acceso ao mestrado e a media do expediente do título de mestrado.

O apartado 3 do artigo 54 da Lei orgánica 8/2013 queda redactado da seguinte maneira:

3. Os alumnos e alumnas que teñan acabado os estudos superiores de Música ou Danza obterán o título Superior de Música ou Danza na especialidade de que se trate, que queda incluído para todos os efectos no nivel 2 do Marco español de cualificacións para a educación superior e será equivalente ao título universitario de grao. Sempre que a normativa aplicable esixa estar en posesión do título universitario de grao, entenderase que cumpre este requisito quen estea en posesión do título Superior de Música ou Danza.

Si.

Tanto as persoas tituladas do EEES coma as doutros países teñen que acreditar, polo menos, a solicitude de homologación ou equivalencia en España, expedida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, para solicitar o acceso aos graos polo grupo de persoas tituladas.

No caso de que a solicitude de homologación estea pendente de resolución, tes que comunicarlle á universidade á que accedas todo tipo de resolución do Ministerio relativa á súa solicitude de homologación, xa sexa positiva, negativa ou de requirimento de cursar complementos formativos.

Se o Ministerio resolve negativamente a súa solicitude de homologación, causará baixa na universidade sen que os estudos cursados causen ningún efecto.

Xustificación

Na UE (España incluída) non existe o recoñecemento automático de títulos académicos. Iso significa que, para obter o recoñecemento de estudos ou titulación noutro país membro no que queres continuar estudando, tes que seguir o seu propio procedemento nacional. As administracións dos países da UE seguen sendo responsables dos seus sistemas educativos e son libres de aplicar as súas propias normas, que entre outras cousas recollen o recoñecemento ou non dos títulos obtidos no estranxeiro.

Máis información.

Non.

Segundo o establecido no artigo 28 do Real decreto 412/2014, do 7 de xuño, para os/as estudantes que xa estean en posesión dunha titulación universitaria oficial ou equivalente, reservarase un 1 % do total de prazas que para cada título e centro oferten. Para estes efectos o «Acordo das universidades públicas do sistema universitario de Galicia sobre os procedementos de admisión aos estudos universitarios oficiais de grao» establece que a súa nota de acceso á universidade será a nota media do título universitario oficial correspondente ou, no caso de que presente un título de mestrado, a nota media ponderada, en función do número de créditos, resultante da nota media do mestrado e do título universitario oficial que o faculte para o acceso ás ensinanzas do mestrado.

No caso de títulos distintos dos de grao consideraranse as diplomaturas e as enxeñarías técnicas como titulacións de 180 créditos e as licenciaturas como titulacións de 300 créditos.

En consecuencia, non está previsto que o DEA se poida ter en consideración para o acceso aos estudos de grao.

O proceso, a través da CiUG, é o mesmo e nos mesmos prazos que para estudantes que se inscriben por primeira vez.

Debes ter en conta que a fase voluntaria só ten validez para dous cursos (para o curso en que se superou e o curso seguinte).

O proceso da CiUG é independente do resto de comunidades e debes actuar sen ter en conta esa circunstancia.

No caso de que che concedan unha praza noutra universidade con posterioridade e decidas matricularse, debes anular de forma inmediata a túa matrícula na universidade galega e solicitar a devolución dos prezos públicos aboados.

Maiores 25 anos

Non.

A normativa actual non prevé o acceso ás universidades españolas para o estudantado estranxeiro con probas de acceso para maiores de 25 anos superadas no seu país.